O Mercado de Produtos Ecolóxicos e de Proximidade da Coruña organízao a concellería de Emprego e Economía Social  do Concello co fin de promocionar hábitos saudables de consumo entre a cidadanía e xerar un espazo para que produtores e comerciantes ecolóxicos fagan visibles e vendan os seus produtos.
O 50% dos produtos á venda teñen que ter a certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, un 25% serán vendedores de produtos ecolóxicos da cidade e o 25% restante está destinado a vendedores de produtos de proximidade.
O eco comercio da cidade ten o seu espazo como apoio aos establecementos de proximidade e achegan, dada as súas características unha diversidade maior de produtos.
Estas tres tipoloxías de expositores xeran sinerxias e suman calidades ao Mercado de Produtos Ecolóxicos e de Proximidade.

Logo CP-01

Anuncios